Luns a Xoves: 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

Venres: 9:00 a 14:00

Programa Galicia Suma Talento: Emprégate, de Incentivos á Contratación na Empresa Ordinaria

BENEFICIARIOS:

Persoas empregadoras autónomas e empresa, calquera que sexa a forma xurídica.

MODALIDADES DE AXUDA:

  1. INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL DE PERSOAS DESEMPREGADAS.

O número máximo de contratos subvencionables son beneficiario son 5.

Os contratos deberán ser indefinidos a tempo completo, salvo contratos con persoas con discapacidade ou en situación/risco de exclusión social que poderán ser a tempo parcial cunha xornada mínima do 50%. Non son subvencionables os fixos-descontinuos.

Contía: Entre 6.000 e 17.000 €, por contrato, segundo o colectivo de procedencia do traballador.

  1. INCENTIVOS AO INCREMENTO DE XORNADA DE CONTRATOS INDEFINIDOS, DE TEMPO PARCIAL A COMPLETO.

Serán subvencionables cando acaden o 100% da xornada.

Contía: 2.000 € (3.000 € no caso de persoas con discapacidade).

  1. INCENTIVOS AO INCREMENTO DA DURACIÓN ANUAL DE FIXOS-DESCONTINUOS, A UN MÍNIMO DE 9 MESES.

O incremento deberá ser como mínimo do 50% sobre a duración inicial do contrato que se incrementa.

O contrato resultante deberá ser a xornada completa, salvo contratos con persoas con discapacidade ou en situación/risco de exclusión social que poderán ser a tempo parcial.

Contía: 4.000 €

  1. AXUDAS Á ADAPTACIÓN DOS POSTOS DE TRABALLO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

A empresa deberá achegar unha memoria que acredite a necesidade de adaptación ou dotación de equipamentos, así como os gastos realizados.

Contía: 1.000 €

  1. TRANSFORMACIÓN DE INDEFINIDOS DE CONTRATOS FORMATIVOS SUBVENCIONADOS MEDIANTE O PROCEDEMENTO TR353C.

Serán subvencionables a transformación en indefinidos dos contratos formativos subvencionados polo procedemento TR353C nos dous anos previos á publicación desta orde.

Contía: 5.000 €.

 

Os beneficios á contratación non poderán superar, illadamente ou en concorrencia con outras axudas, o 80% do custo salarial de dúas anualidades do contrato que se subvenciona.

REQUISITOS COMÚNS DAS ACCIÓNS SUBVENCIONABLES, entre outros:

.- Que o contratos se realicen con persoas desempregadas dos colectivos recollidos nas bases reguladoras.

.- Que os contratos, incrementos de xornada, incremento da duración dos fixos-descontinuos, se realicen entre o 01/10/2025 e o 30/09/2025; e, en todo caso, con anterioridade ou no mesmo día en que se solicite a subvención.

.- No caso de adaptación dos postos de traballo, que o gasto estea realizado na data de presentación de solicitude.

EXCLUSIÓNS, entre outras:

.- Contratos realizados co cónxuxe, ascendentes ou descendentes ata segundo grao, salvo con fillos menores de 30 anos, ou caso de persoa traballadora autónoma sen asalariados que contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva co empresario nin estea ao seu cargo.

.- Contratos con socios ou administradores.

.- Contratacións indefinidas iniciais con persoas que nos 6 meses anteriores prestasen servizo na empresa (ou grupo de empresas) con un contrato indefinido, ou nos 3 meses anteriores con un contrato temporal.

OBRIGAS, entre outras:

Manter no cadro de persoal aos traballadores subvencionados 36 meses, con carácter xeral.

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata as 20:00 horas do 30/09/2026.