Luns a Xoves: 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

Venres: 9:00 a 14:00

Bono Remuda

BENEFICIARIOS E REQUISITOS.

Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas, as sociedades de calquera clase, que cumpran os seguintes requisitos:

.- A remuda deberá estar motivada por xubilación ou proximidade da idade de xubilación (62 anos ou máis) do titular do negocio; incapacidade permanente en grao de total, absoluta ou gran invalidez; ou falecemento. As persoas que remudan o negocio non poden estar en ningunha situación de xubilación activa, cando se produza a remuda.

.- O negocio obxecto da remuda debe ter unha antigüidade mínima de 5 anos.

.- Que non teñan transcorrido máis de 12 meses entre a publicación desta subvención e a baixa no RETA e na actividade do antigo titular do negocio, que se trate da mesma actividade do negocio que se remuda e que se desenvolva no mesmo local (no caso de precisar local).

.- Que o negocio obxecto de Remuda estea inscrito na Bolsa de Remuda da Rede de Polos de Emprendemento, salvo negocios que foran obxecto de remuda antes da publicación desta subvención.

.- Que a transmisión se materialice mediante un contrato de traspaso ou venda do negocio, en escritura pública, no que deberá constar o prezo total, descrición detallada dos elementos que forman parte da remuda, e indicación expresa da remuda como obxecto do contrato.

.- No caso de transmisión de persoas societarias, deben posuír máis do 50% de participación na sociedade que se traspasa.

.- Que se realice o cambio de titularidade da licenza municipal de apertura ou actividade, ou comunicación previa.

Quedan excluídas as persoas ou entidades que foran beneficiarias e percibiran a axuda do Bono Remuda en anteriores convocatorias.

LIÑAS DE AXUDA.

Liña 1: BONO REMUDA RURAL, para negocios en concellos de menos de 10.000 habitantes.

Liña 2: BONO REMUDA XERAL, para negocios situados no resto de concellos.

CONTÍA.

O Bono Remuda subvenciona o prezo, sen IVE, estipulado no contrato de remuda. No caso de que se acceda á remuda mediante un contrato de alugueiro de local e medios produtivos o importe a percibir será o equivalente aos 18 primeiros meses de aluguer.

Na Liña 1 a porcentaxe de subvención será do 75% do prezo do contrato de remuda. Na Liña 2 a subvención será do 70% do prezo do contrato de remuda.

A porcentaxe da axuda, só no caso de persoas físicas, incrementarase nun 5% máis, acumulables entre si, no caso de negocios adquiridos por unha muller, persoa menor de 30 anos, persoa maior de 52 anos, desempregado de longa duración, ou cando o negocio que se traspasa ten máis de 5 traballadores.

O Bono Remuda Rural a axuda poderá incrementarse nun 10%, nalgunha destas circunstancias: negocios adquiridos por persoa menor de 30 anos, ou emigrante retornado, ou persoa estranxeira, o persoa empadroada na mesma localidade en que se atope o negocio.

O gasto deberá estar realizado e abonado entre o 01/10/2025 e o 30/09/2026, salvo remuda mediante alugueiro.

Pola súa banda, as persoas traballadoras autónomas que transmitan o negocio percibirán 6.000 euros (remuda rural) ou 3.000 euros (remuda xeral). En todo caso a contía non pode superar a axuda concedida á beneficiaria principal da remuda.

OBRIGAS, entre outras:

Manter a alta no RETA 36 meses e manter a alta no IAE 36 meses dende o contrato de remuda.

Manter a mesma actividade obxecto de remuda 12 meses; salvo que a subvención se obtivera polo aluguer do local, caso no que deberá manter a mesma actividade 36 meses, dende o contrato de remuda.

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 30/09/2026, as 20:00 horas.