Luns a Xoves: 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

Venres: 9:00 a 14:00

Axudas á Conciliación das Persoas Traballadoras Autónomas

LIÑAS DE AXUDA:

  • BONO CONCILIA I

Contratación dunha persoa  traballadora desempregada para o apoio no negocio durante o descanso por nacemento, adopción ou acollemento; ou substitución no caso de baixa por risco durante o embarazo e/ou a lactancia.

REQUISITOS:

.- A persoa solicitante ten ou tivo que estar de baixa por maternidade/paternidade ou asimiladas.

.- O contrato será de substitución ou indefinido, segundo o caso.

.- A contratación debe realizarse con unha persoa desempregada, do 01/10/2025 ao 30/09/2026, e as tarefas a realizar pola persoa substituta serán as mesmas que as da persoa autónoma substituída.

CONTÍA:

1.100 € por cada mes completo, polo período de duración do descanso da maternidade ou paternidade (ou nos 2 meses previos, no caso de contratación anterior ao descanso). No caso de risco durante o embarazo, o período máximo será de 8 meses de contratación.

No caso de transformación do contrato de substitución en indefinido, a contía da subvención estará entre os 7.500 € e os 9.000 €, segundo o colectivo de contratación.

No caso de xornada a tempo parcial (mínimo 50% xornada, estas contías reduciranse proporcionalmente.

 

  • BONO CONCILIA II

Contratación para apoio no coidade de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia.

REQUISITOS:

.- Contratación indefinida dunha persoa desempregada, entre o 01/10/2025 e o 30/09/2026, dunha persoa traballadora para o coidado de menores no fogar e/ou maiores ou persoas con discapacidade ou dependencia ao cargo do autónomo (parentesco ou convivencia).

CONTÍA: Entre 7.500 e 9.000 €, segundo o colectivo de contratación. Estas contías reduciranse no caso de xornada parcial (xornada mínima do 50%)

 

  • BONO CONCILIA III

Apoio nos custos dos centros e/ou servizos par ao coidado de menores e maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia a cargo do autónomo, realizados entre o 01/10/2025 e o 30/09/2026.

CONTÍA: 75% dos custes do centro ou servizo, ata un máximo de 3.000 €

 

OBRIGAS no caso de obter subvención por contratación  indefinida, entre outras, manter no cadro de persoal á traballadora indefinida un período mínimo de 3 anos, salvo baixa voluntaria o falecemento da persoa traballadora.