BENEFICIARIOS:
Persoas traballadoras autónomas ou profesionais, que celebren a primeira, segunda e terceira contratación con carácter indefinido con persoas desempregadas.
TIPOS DE AXUDA:
1.- BONO DE INCENTIVOS A CONTRATACIÓN
Contratos indefinido inicial a tempo completo ou parcial (xornada mínima 50%), ou fixo-descontinuo cunha actividade anual mínima de 6 meses, con persoas desempregadas realizados entre o 01/10/2025 e o 30/09/2026.
Será subvencionable a 1ª contratación indefinida inicial, cando na data da contratación na empresa non houbese outra persoa indefinida.
Será subvencionable a 2ª e 3ª contratación indefinida inicial, cando na data de contratación existan no cadro de persoal da empresa unha ou dúas persoas indefinidas.
CONTÍA:
.- Primeira contratación indefinida inicial: Entre 7.500 e 14.400 €, segundo o colectivo de contratación.
.- Segunda e terceira traballadora indefinida inicial: 17.600 €
No caso de contratacións a xornada parcial, os incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo. E no caso de fixos-descontinuos, a contía será proporcional ao período de actividade anual.
EXCLUSIÓNS, entre outras:
.- Contratos realizados co cónxuxe, ascendentes ou descendentes ata segundo grao, salvo con fillos menores de 30 anos, ou caso de persoa traballadora autónoma sen asalariados que contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva co empresario nin estea ao seu cargo.
.- Contratos con traballadores que nos 24 meses anteriores prestasen servizo na empresa (ou grupo de empresas) con un contrato indefinido, ou nos 3 meses anteriores con un contrato temporal.
.- Contratos con persoas que rematasen unha relación laboral indefinida noutra empresa nos 3 meses previos á contratación subvencionable, salvo despido improcedente ou extinción por causas recollidas nos artigos 49.1.g), 51 e 52.c) do Estatuto dos Traballadores.
.- Contratos con persoas polas que o mesmo solicitante obtivese as axudas reguladas no procedemento TR349F.
OBRIGAS, entre outras:
Manter no cadro de persoal ao traballador subvencionado 36 meses, con carácter xeral.
No caso de ser beneficiario da 2ª ou 3ª contratación, manter no cadro de persoal as persoas traballadoras iniciais durante un período mínimo de 12 meses.
2.- BONO DE INCENTIVOS Á FORMACIÓN
Bono para a formación das persoas traballadoras subvencionadas mediante o bono contratación.
A duración da acción formativa será dun mínimo de 70 horas, realizarase nos 3 primeiros meses de contratación e deberá estar finalizada o 30/10/2026.
Poderá realizarse tanto nas dependencias da empresa como nas da entidade encargada da formación, incluíndose a modalidade de teleformación.
CONTÍA: 2.000 € por traballador.
PRAZO DE SOLICITUDE, de calquera dos dous tipos de axuda: Ata o 30/09/2026, ás 20:00 horas.






