Luns a Xoves: 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

Venres: 9:00 a 14:00

Bono Autónomo

BENEFICIARIOS E REQUISITOS.

Persoas autónomas, ou empresas con autónomos societarios, de alta no RETA, que cumpran os seguintes requisitos, entre outros:

  1. Que teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos dende a data da solicitude, na realización dunha actividade empresarial ou profesional.
  2. Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, no exercicio 2024.
  3. Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas, no IRPF de 2024, inferior a 50.000 euros, no caso de tributar en IRPF.
  4. No caso de tributación por Imposto de Sociedades, que teña unha base impoñible na declaración do 2024 inferior a 50.000 euros.
  5. No caso de tributación por atribución de rendas, o importe de 50.000 euros referirase á suma dos rendementos netos reducidos declarados no IRPF de cada un dos membros da entidade solicitante (rendemento da actividade económica da entidade solicitante no mod.184 do 2024)

Quedan excluídos os beneficiarios desta subvención nas convocatorias do 2021 ao 2025, ambas incluídas.

INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES:

.- Compra de maquinaria.

.- Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.

.- Inversións para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.

.- Compra de utensilios e ferramentas.

.- Reforma do local ou espazo do negocio.

.- Equipamento informático.

.- Equipamento de oficina e/ou negocio.

.- Rótulos.

.- Investimentos en Aplicacións informáticas, creación e desenvolvemento de páxinas web, apps e redes sociais.

.- Deseño de marca.

Non son subvencionables teléfonos móbiles ou smartphones, nin os gastos de xestión de páxinas web, redes sociais ou similares.

Subvencionaranse os investimentos realizados entre o 01/10/2025 e a data de solicitude da subvención, efectivamente xustificados mediante factura e xustificante de pago bancario.

OBRIGAS, entre outras:

.- Manter a alta no RETA 24 meses dende a presentación da solicitude da subvención.

.- No caso de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, destinar os bens ao fin concreto para os que se concedeu a subvención durante un mínimo de 5 ano no caso de bens inscribibles nun rexistro público, ou 2 anos para o resto de bens.

CONTÍA: 60%, co límite de 7.000 €.

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 30/09/2026, ás 20:00 horas.