BENEFICIARIOS:
Persoas autónomas que teñan sido autónomas con anterioridade e queren volver emprender.
REQUISITOS, entre outros:
.- Persoa desempregada, inscrita como demandante de emprego, que careza de ocupación efectiva.
.- Causar alta no RETA entre o 01/10/2025 e o 30/09/2026.
.- Ter unha alta anterior no RETA dentro dos 5 últimos anos anteriores a esta convocatoria, excluídos os autónomos colaboradores.
.- Ter cotizado antes desta nova alta, polo menos, 3 meses ininterrompidos.
.- Transcorrer un mínimo de 6 meses entre a nova alta en RETA e a anterior baixa.
Poderán ser beneficiarios as persoas autónomas que formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, constituídas con data posterior ao 01/10/2025 e antes da presentación da solicitude.
Quedan excluídas as persoas que xa foran beneficiarias desta axuda con anterioridade.
CONTÍA: 7.500 euros, que se incrementará en 500 euros no caso de que a beneficiaria sexa muller.
OBRIGAS, entre outras: Manter a nova alta no RETA durante un mínimo de 24 meses.
PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 30/09/2026, as 20:00 horas.






